TABOADA C.F
Síguenos tamén en:
TWITTER. TaboadaCF
TABOADA CF youtube
YOU TABOADA CF TUBE
TABOADA CF INSTAGRAM
instagram.com/TaboadaCF
Video resumo de Televinte
Síguenos tamén en:
TWITTER. TaboadaCF
TABOADA CF youtube
YOU TABOADA CF TUBE
TABOADA CF INSTAGRAM
17/12/17
SCyD SAN ROQUE 1-TABOADA CF 1
Entre tebras,así se disputou o encontro ,no medio dunha densa neboa,que se convertiu xunto co frio intenso no principal protagonista ,pois era moi dificil discernir as vicisitudes dos contendentes incluso con luz articial desde a primeira media hora.
Con todo puidose intuir unha primeira parte moi disputada con moita brega por parte das duas escadras.As mellores ocasións foron, por parte visitante :un córner olímpico que botou Manu e que despexou Carlitos sobre a liña de gol cun paradón e ,por parte local : unha semivolea de Aldo desde dentro da área que chapou Roi con certas dificultades.Como feito tamén salientable quedaron as reclamacións visitantes a un posible penalti sobre Sesíño ,que foi derrubado con claridade na área local,o colexiado non o apreciou e quedou sin sinalar . En definitiva quedou condenado o partido a resolverse na segunda metade pois non se moveu o marcador nos primeiros cuarenta e cinco minutos.
O segundo tempo máis do mesmo ;facíase moi complicado seguir o balón incluso desde dentro do campo.Tivemos unha grandísima oportunidade ao pouco de comezar despois dunha xogada individual David Potente estrelou o balón no longueiro ,foi providencial Carlitos que tocou levemente para evitar que o balón entrase.Foron uns minutos nos que tiñamos moito a pelota e o xogo despregabase na parcela local.Caía tamén a noitiña sobre o primeiro cuarto de hora e dificultabase máis poder disfrutar do partido.O dominio visitante non se viu reflectido no marcador ;todo o contrario ,no primeiro acercamento visitante no 62' despois dunha xogada a balón parado e logo dunha serie de rexeites dentro da área Rasilla conqueriu o 1-0 no medio das protestas dos xogadores visitantes que reclamaban que saira o balón do campo previamente,desde fora do terreo de xogo era imposible aprecialo.Desde o seu gol os locais tiveron as mellores ocasións Rasilla tamén estrelou un balón no traveseiro,e uns instantes despois Rois despois dunha xogada individual por banda esquerda chutou fortisimo e cruzado e Roi fixo un paradón pra sacar o balón.O Taboada soupo reaccionar o gol local,colocou liña de tres atràs e deu un paso adiante na procura do empate,este chegou no 78' despois dun pase estratosférico de Poyàn cun globo a dereita de cara a internada de Moski que se adentrou no área e cruzou o balón diante da saida de Carlos, 1-1.Os últimos minutos foron dunha incertidume absoluta,non só por que a visibilidade era case nula,senón tamén polas gañas dos dous equipos tratando de conquerir os tres puntos,tivoa o Taboada a falta de dous noutra boa ocasión de Moski,e xa co tempo cumplido un remate de Aldo con Roi e a nosa defensa batidos sacouna involuntariamente un compañeiro no que rebotou o balón estando de costas.Cos dous equipos envorcados rematou un encontro que se cadra non se tiña que ter disputado,e no que o empate pódese considerar xusto e meritorio polas díficiles condicións nas que se xugou.
Remata así o ano 2017,que non a primeira volta da competición que o fará a volta do parón do Nadal : o domingo 7 de xaneiro na Medela TABOADA CF -PASTORICENSE UD.Cabe suliñar que parte da xornada suspendida polo temporal a semana pasada disputarase entre os dous próximos fines de semana,motivo polo cal a clasificación é provisional.
Con esta crónica e imaxes damos por ramatada a entrada do mes de decembro e por ende este ano 2017 e en xaneiro estrearemos unha nova. Finalmente o Taboada CF quere desexarvos desde xa unhas Felices Festas e un ano 2018 cargado de éxitos.

SCyD SAN ROQUE 13 Carlitos 2 Pepo 4 Aldo 5 David Lopez 7 Emilio 9 Rois 12 Luis Alberto 16 Sergio 19 Pedro Henrique 23 Manu
SUPLENTES 6 Bruno 10 Andres 11 Gandoy 14 Rasilla 22 Arturo.
TABOADA CF 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 9 Noé 11 Diego Poyàn 14 Ibán 19 David Potente 21 Sesín 23 Fabio 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES 6 Alex 12 Javi 13 Isma 20 Joni 25 Sergio Quintás
16/12/17
PALAS CF 4-TABOADA CF 0
08/12/17
TABOADA CF 2 -ACD XERMADE 0
Quixo dominar o Taboada desde o principio e desde moi cedo tratou de levar a iniciativa cun fútbol de ataque, moi incisivo, con presión moi adiantada e un dominio constante da posesión.Os chairegos mantiñanse moi ordeados atrás e trataron de sair en algunha contra esporádica.Despois de sacudirse o dominio inicial local fóronse equilibrando as forzas ,dando os visitantes un pasiño adiante .Coincidindo con ese intre tivo lugar a mellor ocasión local no 21' nunha internada de Sesín por banda dereita con centro a segundo pao donde rematou en volea Noé ,chapou o remate Ivo Lamas.O partido mantívose atascado ata o tramo final da primeira mitade.Foi daquela cando se resolveu o encontro.Primeiro no 41' cando despois dun libre indirecto sobre a frontal e logo duns rexeites o balón caeu na posición de David Potente que empurrou desde cerca ao fondo das maias,entre as protestas visitantes que reclamaban posición irregular,non se considerou así e o 1-0 subiu ó marcador.Moi pouco despois nunha xogada por banda dereita Moski recurtou pra dentro e asistiu a Noé pra que a colocara xunto a cepa do poste lonxe do alcance de Ivo.44' 2-0.Asi, con nada máis que salientar ,que xa fora dabondo,rematou a primeira metade.
Os segundos cuarenta e cinco comezaron de xeito similar a primeira cun equipo local dominante e cunha gran ocasión no 53' na que Manu estampou o balón no longueiro cunha fermosa vaselina. No 15' da segunda despois doutra incursión por banda de Moski o remate de Poyàn quitouno cos pes Ivo ;foi tamén esta unha clara ocasión.Non estaba a ser un tramo desmasiado vistoso pero si foi disputado e no cómputo global quizas estabamos a dominar máis a posesión e con máis acercamentos mantendo atrás un férreo control.No 68' tivemos outra boa oportunidade construida dun xeito semellante a sinalada anteriormente, internada de Moski e remate colocado de Poyán que se foi lambendo pao esquerdo de Ivo.Daló ao final foi un encontro máis anodino no que os locais foron deixando transcurrir os minutos sin complicacións e sen pasar apuros,a única ocasión clara visitante chegou rebasado o minuto 90 cun franco directo de Chungui que resolveu cun paradón Roi ,na que foi quizais a sua máis complicada intervención de todo o partido.Sin tempo para moito máis finalizou o partido.
En resumo victoria sen alardes pero victoria a fin de contas que fai que o Taboada sume 12 puntos nos últimos catro encontros,a mellor xeira no que levamos de competición que fai que se eleve a moral dun equipo moito tocado polas lesións e que a pesares diso compite de xeito excepcional; a espera de rearmarse en efectivos afrontaremos os dous últimos partidos da primeira volta coa posiblidade de quitar nota.
O primeiro deles o domingo 17 no único desprazamento a capital fronte a unha das revelacións do campionato na Polvoeira SCD SAN ROQUE-TABOADA CF
CRÓNICA LA VOZ DE GALICIA:
CRÓNICA LA VOZ DE GALICIA:
El Taboada pone la directa
El equipo de Martín Murado suma su cuarto triunfo consecutivo ante el Xermade
LUIS CONDE
MONFORTE / LA VOZ 09/12/2017 05:00 H
El Taboada consiguió su cuarta victoria consecutiva al
derrotar con claridad (2-0) al Xermade. Este triunfo ratifica el buen momento
de forma que atraviesan los futbolistas que prepara Martín Murado, que ya han
superado el bache que generó ciertas dudas en el cuadro de A Medela.
Los futbolistas del Taboada comenzaron bien el partido. Los
primeros quince minutos fueron de dominio local, lo que se tradujo en varias
ocasiones, que sin embargo no se materializaron en goles. Superado el cuarto de
hora, tomó el mando el Xermade, que si bien tuvo la pelota, apenas generó
ocasiones.
Cuando el 0-0 parecía el resultado con el que acabaría la
primera parte, llegó el primer gol del Taboada. Fue obra de Potente, que
aprovechó un balón muerto en el área para alojarlo en el fondo de la portería de
Iván Lamas. Este tanto noqueó a los jugadores visitantes, que prácticamente sin
tiempo para reaccionar vieron como llegó el segundo y definitivo tanto de los
locales por medio de Noé.
Estos goles dejaron sentenciado el choque. Fueron letales,
puesto que en la segunda mitad el dominio total del encuentro correspondió a un
Taboada, que por medio de Manu estrelló un balón en el larguero de la portería
del Xermade.
Esta victoria deja al Taboada deja provisionalmente en la
séptima plaza del grupo tercero de la Primera Autonómica, con veinticinco
puntos. Los discípulos de Martín Murado encadenan cuatro victorias
consecutivas, resultados que le han permitido ascender varios puestos en la
tabla clasificatoria.
«Fomos xustos vencedores dun partido que na súa meirande
parte dominamos. Na segunda metade levamos o peso do encontro e incluso
puidemos marcar máis goles», señala Murado.
El preparador lucense admite que el equipo atraviesa un buen
momento de juego. «Pasamos aí tres semanas atrás mal, pero recompuxémonos, e
agora é unha mágoa que chegue o parón. O noso obxectivo é sumar os tres puntos
ante o San Roque», concluye Martín Murado.
La clasificación la lidera provisionalmente el Foz, que
derrotó al Riotorto.
TABOADA CF
Roi; Manu, Potente, Álex, Noé; Poyán, Ibán, Potente, Adri;
Fabio y Moski. También jugaron Javi, Manu, Jonathan y Diego
ACD XERMADE
Iván Lamas; Carballeira, Nando, Currás, Carlos; Miguel,
Pedro, Brais, Benavente; Bellas y Hugo. También jugaron Ángel, Caínzos y Mario
Goles: 1-0, min.41, David Potente; 2-0, min.43, Noé
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez
Incidencias: Partido de la jornada quince del grupo tercero
de la Primera Autonómica, que se disputó en el campo municipal de A Medela, que
registró una buena entrada
TABOADA. 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 6 Alex 9 Noé 11 Diego Poyàn 14 Ibàn 19 David Potente 21 Sesín 23 Fabio 24 Moski
SUPLENTES. 12 Javi 13 Isma 20 Guerreiro 22 Joni 26 Dieguiño
ACD
XERMADE .1 Ivo Lamas 2 Ivan Carballeira 3 Nando 4 Fran Garcia 5 Carlos 6
Michi 7 Pedro Coira 8 Brais 9 Benavente 10 Diego Bellas 11Hugo
SUPLENTES.12 Mario 13 Miragaya 14 Angel Cainzos
03/12/17
TABOADA CF 1 -CD SANTABALLÉS 0
Non houbo un dominador claro no inicio.O pouco de comezar no 3' unha xogada moi polémica con Moski como protagonista,dun posible penalti (según a grada moi claro ) pasouse a unha falta en contra,acción moi protestada polos locais.Puido ser moi transcendente a decisión pois naquel minuto podía concidionar decisións subseguintes pero a arbitraxe no restante foi notable e de destacar.O balón transitaba logo dunha área a outra con asiduidade,inda que semellaba que os locais trataban chegar con màis combinación e os visitantes faciano cun fútbol máis directo.Súa,dos visitantes, foi a mellor ocasión dos primeiros minutos cun disparo o longueiro de Soto,frouxete pero colocado.Proseguiu o encontro con moita disputa de cada balón e con gran equilibrio de forzas.En canto a ocasións claras non había moito que reseñar a pesar do perigo que se amosaba dentro das áreas,pero non habia disparos nítidos,impoñíanse as rochosas defensas.Na última xogada Guerreiro tivo a mellor local,Adri sacaba o seu chut da escadra.Finalizaba sen novedades no marcador o primeiro acto.
A segunda metade comezou con parámetros similares á primeira e sen inclinarse a balanza pra ningún lado.No 65' tivo lugar a mellor ocasión local do bando local,nun córner botado por Manu,ao remate Guerreiro que estampou o seu testarazo en escorzo no longueiro.Foi o inicio dun tramo final moi emotivo e competido,no que o partido podia decantarse a destra ou senestra en calquera xogada.Cinco máis tarde tivoa de novo Guerreiro ,logo dunha xogada individual dentro da área o seu disparo cruzado foise lambendo o poste .Na xogada seguinte na outra área tamén acción individual de Iago,cunha portentosa carreira diante de Alex ,o seu disparo sobre a frontal foise rozando literalmente o longueiro.
E nesa voráxine de vértixe apareceu David Potente no 73',recuperación no círculo central,foise atravesando en diagonal a medular cunha forza bárbara e conectou un chut impresionante desde fora da área que se colou pegado o pao na meta de Adri.1-0 .Despois do tramo de encontro máis vistoso viñeron uns grandes minutos do Taboada que logo tivo que afrontar o último arrebato do equipo chairego ,fixoo atacando ,tocando e tocando o balón ,mantendo a posesión ,véndose forzado o Santaballés ao xogo en horizontal pero apenas puido disparar a porta pois topouse cunha defensa sen fisuras,contundente ,moi ben plantada e ordeada .Finalmente os tres puntos quedaron na casa de xeito moi meritorio,destacando o traballo e intensidade do bloque en tódolos aspectos do xogo , e en senllas parcelas do campo na vangarda e na retagarda.
O próximo partido da semana que entra de acó a un pouco, non haberá partido o domingo,senón que se adianta a xornada do venres,a proveitando a ponte da Inmaculada, e terá de novo lugar na Medela ,así pois o 8 de decembro as 16:00 ,TABOADA CF -ACD XERMADE
Video resumo de Televinte
TABOADA CF 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 6 Alex 9 Noé 14 Ibán 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesín 23 Fabio 24 Moski
SUPLENTES 11 Poyàn 12 Javi 13 Isma 22 Joni 26 Dieguiño
CD SANTABALLÉS 1 Adri 2 Alfonso 3 Nito 4 Nesca 5 Oli 6 Soto 7 Palomo 8 Martín 9 Verez 10 Iago 11 Novás
SUPLENTES 12 Chisco 13 Pablo 14 Seo 15 Iago Castro 16 Bouza
02/12/17
TABOADA CF 0 -EF POLVORÍN CF 4
fotos cortesía de Carlos
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.