TABOADA C.F
Síguenos tamén en:
TWITTER. TaboadaCF
TABOADA CF youtube
YOU TABOADA CF TUBE
TABOADA CF INSTAGRAM
instagram.com/TaboadaCF
Síguenos tamén en:
TWITTER. TaboadaCF
TABOADA CF youtube
YOU TABOADA CF TUBE
TABOADA CF INSTAGRAM
28/01/18
TABOADA CF 0-SP PONTENOVA 0
Un conxunto local cada vez máis minguado polas baixas afrontaba un partido máis lastrado por a lacra das lesións e desta volta tamén polas sancións pero saiu tratando de competir dignamente desde o inicio e desde o primeiro minuto quixo mandar o Taboada,con presión adiantada e facéndose desde moi cedo coa posesión e dominio do balón.Achegouse con moito perigo e insistencia nos primeiros intres,e Guerreiro tivo unha clara que chapou Carrera.O Sporting trataba de non perde-la orde defensiva e quería sair en tímidas contras.A mellor destes chegaba no 19' nunha internada de Matelo que quixo meterse ata a cociña pero non logrou definir.Despois o partido foi transcurrindo con certa placidez,especialmente para os gardamallas que non estaban a pasar excesivos apuros.Esta relaxación fixo que os visitantes creran nas suas posibilidades e nos últimos minutos insistiron no ataque inda sin crear grandes ocasions agàs no último minuto da primeira parte un remate de Andrés Bouza revolvéndose e sacando un chut que Roi atrapou con certos apuros.Nos minutos de prolongación deste acto tamén a tivo David Montes en posición franca de cabeza a un gran centro de Manuel.Colliamos asi camiño dos vestiarios.
O segundo tempo o Sporting saiu enchufado ,quería e cría màis,faltaballe eso sí claridade nos metros finais.O Taboada estaba a perder a batalla do medio campo,ainda sen chegar a conceder tampouco en exceso,foi perdendo presenza en ataque.Entón paseniño a paseniño o medo foise apoderando das duas escadras que co temor a perder non querian arriscar.Pasaron minutos e pasaba moi pouca cousa.Encamiñouse o partido a recta final e por os motivos alegados a tensión e a emoción cortábanse cun coitelo,de nada que tiña pasado podía acontecer calquer cousa .Tivoa Guerreiro no 80´ logo dunha xogada individual e cun disparo cruzado sacoulla Carrera xunto da cepa do poste,gran ocasión ,gran paradón .Apostou entón o Taboada polo fútbol directo nestes minutos,e tentou convertir o partido nunha caldeira a presión, metendo velocidade e intensidade a un rival que se via obrigado a encerrarse atrás,pero foi un arreón tardio , xa non houbo tempo pra acadar algo máis positivo.
Empate quizais mererecido entón por que ningún se quixo impoñer e non deu despregado un xogo claro e conciso,é dicer contundente.Toda vez o punto é valioso por canto significa para ambos seguir sumando e vistos os resultados da xornada en modo algún os perxudica, nunha Liga cada xornada máis apretada e igualada poa baixo e por arriba.
A semana que ven toca un novo desprazamento a Mariña,de novo extremadamente complicado fornte a un dos conxuntos máis realizadores da competición.,o domingo UD XOVE LAGO -TABOADA CF.
O segundo tempo o Sporting saiu enchufado ,quería e cría màis,faltaballe eso sí claridade nos metros finais.O Taboada estaba a perder a batalla do medio campo,ainda sen chegar a conceder tampouco en exceso,foi perdendo presenza en ataque.Entón paseniño a paseniño o medo foise apoderando das duas escadras que co temor a perder non querian arriscar.Pasaron minutos e pasaba moi pouca cousa.Encamiñouse o partido a recta final e por os motivos alegados a tensión e a emoción cortábanse cun coitelo,de nada que tiña pasado podía acontecer calquer cousa .Tivoa Guerreiro no 80´ logo dunha xogada individual e cun disparo cruzado sacoulla Carrera xunto da cepa do poste,gran ocasión ,gran paradón .Apostou entón o Taboada polo fútbol directo nestes minutos,e tentou convertir o partido nunha caldeira a presión, metendo velocidade e intensidade a un rival que se via obrigado a encerrarse atrás,pero foi un arreón tardio , xa non houbo tempo pra acadar algo máis positivo.
Empate quizais mererecido entón por que ningún se quixo impoñer e non deu despregado un xogo claro e conciso,é dicer contundente.Toda vez o punto é valioso por canto significa para ambos seguir sumando e vistos os resultados da xornada en modo algún os perxudica, nunha Liga cada xornada máis apretada e igualada poa baixo e por arriba.
A semana que ven toca un novo desprazamento a Mariña,de novo extremadamente complicado fornte a un dos conxuntos máis realizadores da competición.,o domingo UD XOVE LAGO -TABOADA CF.
TABOADA CF 1 Roi 3 Manu 9 Noé 10 Jaco 14 Iban 16 David Montes 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesiño 23 Fabio 26 Dieguiño
SUPLENTES 7 Marcos 12 Javi Diaz 13 Javi Paz 18 Sergio Arean 22 Joni
SP PONTENOVA.1Carrera 2 Alvaro 3 Salva 4 Hector 5 Bruno 6 Andres Bouza 7 Matelo 8 Fran Fiallega 9 Ioan 10 Pasarin 11 Charly
SUPLENTES.12 Moro 13 Xoel 14 Villy 15 Borja 16 Juan Ginzo.
21/01/18
CD FOZ 2-TABOADA CF 0
Nos primeiros minutos quixo o líder levar a iniciativa tratando de apoderarse do control do balón e tentando amosar todo seu caudal ofensivo.nos primeiros minutos boutou catro córners que mantendo contundencia defensiva non causaron excesivos atrancos a defensa visitante.O Taboada mantiñase a espera agardando o seu momento e tentando non cometer erros no corte e na entrega.No minuto 7 primeira gran ocasión por parte local despois de xogada combinativa que en última instancia sasou Ibán .Un minuto despois contestou o Taboada cun contragolpe ben trazado pero cunha tímida finalización no disparo de Noé que se foi desviado.O Clube Deportivo Foz seguiu coa sua teima de non abandoar o seu papel dominante e porfiaba na insistencia con balóns en longo buscando a Manolo.No 11´tiveron unha franca opción cunha falta sobre a frontal , nunha posición moi perigosa,que non embargantes acabou petando na barreira.No 18 ´ noutra xogada colectiva do Foz que rematou nunha asistencia de Gonzalo a Manolo que chutou ,metendo Roi a perna pra sacar o balón o xusto para evitar o gol inda que o balón se fose lambendo o longueiro a córner.Os visitantes tentanban seguir saindo as contras pero a insistencia local acarreu o seu tanto no minuto 25´ despois dun saque de banda orixinouse un centro de Iván Gayol que foi bálsamo perfecto pra testa de Manolo que deste xeito acababa o 1-0 ;amosaba o dianteiro centro unha das suas mellores virtudes o remate de cabeza.O gol serenou un tanto a firmeza focense,que sen baixar a garda relaxou a presión e mutou a un exceso de xogo duro,con entradas merecedoras de cartón . O partido equilibrouse no medio campo pero o Taboada acabou tendo o control pois quixo irse polo empate con prontitude. Tamén en ocasións estivo a cousa parella: o Taboada logo doutra contra tivo unha moi clara nos pés de Guerreiro que non deu embocado ;Asier tamén a contra poñia aproba a Roi nun man a man que sacou este coa axuda de Juanjo ,xa no tramo final da primeira.E este medio tempo xa non deu máis de sí.
A segunda parte comezou moito máis aberta cun Taboada moi agresivo que tentou levar a iniciativa nos primeiros compases e que tivo moita máis presenza en ataque ,case máis que en todo o primeiro acto.Foi moita a brega do Taboada no medio campo ,intentando combinar .Non embargantes o Foz non estaba polo labor de deixarse dominar e pouco a pouco regresou a tentar mantela pelota e sair con profundidade con balóns en longo sobre Manolo,o seu recurso máis doado e sinxelo. Sobre o primeiro cuarto de hora no 58´ Asier poñia en apretos a Roi que tiña que atallar en dous tempos .Era a acción que marcaba un pouco ese impás de transicción de dominio visitante a outro asalto de intercambio de golpes.No 64 ´ logo dun córner Cristián puxolla a Gonzalo que se topou con Ibán para intereceptar o esférico.Un máis tarde xogada con moito perigo na que Manolo soupo aguantar a chegada de Iván Gayol que a puxo ao óco pero no deu chegado ningún rematador. O Taboada tamén quería chegar non daba o partido por perdido ;David Potente facía o imposible por tratar de subir o balón,pero os camiños entre a defensa local eran inexcrutables.Tamén Fabio tentaba poñer bos balóns pero por arriba os centrais Chinchón e Canario xestionaban sen complicarse.Tamén entramos por banda con incursións de Sesiño ou Manu pero non encotraban rematador os seus centros.Namentras o xogo voltouse embarullado no medio campo e o Taboada arriscou pra afrontar o último cuarto de hora con defensa de tres.Pero cando o equipo máis cría con fé na igualada e xa dera tempo a asentarse nesa proposta de risco chegou unha xogada polémica , de xeito riguroso foi expulsado Juanjo no 78´ ,sin ser último defensor e por un agarrón raiano entre a levedade e a punibilidade.Sacou petróleo desa acción o conxunto local.Asier no lanzamento de falta consecuente definiu maxistralmente e clavouna pola escadra lonxe do alcance de Roi,un golazo no 80´ :2-0.Aí morreu o partido.Cun home menos e o marcador adverso só o orgullo nos fixo tentalo.Non pasou de tentativa e tesón.Un lider moi sólido non fixo concesións.
O fin de semana pecharemos o mes de xaneiro xogando na casa ,o domingo 28 TABOADA CF -SPORTING PONTENOVA.
2 º gol do Club Deportivo Foz publicado por Xantón Rodríguez.
2 º gol do Club Deportivo Foz publicado por Xantón Rodríguez.
Grazas a Miguel, Carlos e Roi pola vosa colaboración
CD
FOZ.13 Bruzos 4 Bouso 5 Javi Chinchón 8 Canario 9 Manolo 10 Diego
Hermida 11 Dani Chao 15 Gonzalo 17 Ivan Gayol 18 Asier 21 Rivera.
SUPLENTES.1 Moreda 2 Cayón 7 Cristhian 12 Hugo Rio 16 Alvaro.
TABOADA CF .1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 9 Noé 11 Diego Poyàn 14 Ibán 19 Davi Potente 20 Guerreiro 21 Sesiño 23 Fabio 26 Dieguiño
SUPLENTES.13 Javi Paz 10 Jacobo 12 Javi Diaz 18 Sergio Areán 22 Joni
Fotos cedidas por Rec Audiovisual:
14/01/17
TABOADA CF 3-AD BÓVEDA CF 1
Primeiros quince minutos nos que os locais estaban a exercer un dominio da posesión pero sin encontrar fisuras pra crear ocasións.Coincidindo co cuarto de hora o Bóveda deu o primeiro susto a parroquia local cunha contra na que o equipo visitante acabou por pedir penalti tras unha caida de Iago,que o colexiado non considerou merecedora de pena máxima.Axiña reaccionou o Taboada pra crear unha gran ocasión tras unha xogada colectiva e chut de Moski que solventou Adri cun paradón.Tras a lesión de Sergio no 25' o seu sustituto Tino tivo outra moi clara na que se quedou o balón a medio metro de entrar,sacouna Juanjo con Roi batido.Estaba a despregarse ben o conxunto visitante diante dun Taboada que tiña a bola pero non a claridade necesaria nos metros finais.Nesta dinámica transcurriu a primeira media hora.No 37' rompeu o Taboada as liñas do Boveda cunha gran xogada colectiva e cunha excelsa acción de Noé que co interior e sin deixala caer acadou unha fermosa vaselina que venceu a Adri 1-0.Non durou nada a ledicia local: a pesar das precaucións ,de conxurarse a non ter nada feito,confabular para non cometer erros , na seguinte acción e tras unha falta lateral ,Tino recolleu o primeiro rexeite de Roi pra batilo desde moi cerca(temos unha imaxe co intre deste gol). Foron uns minutos tolos que non tiveron continuación no quedaba de primeiros cuarenta e cinco.
A segunda metade comezou cun Taboada moi acelerado tentando solventar con accións ràpidas e directas.Foi cando se impuxo a paciencia da combinación cando se empezaron a ver os resultados.No 60 ' logo dunha magnífica asistencia de Noé,Guerreiro plantouse só diante de Adri e batinou no man a man coa pericia e calma da veteranía, 2-1.Pouco despois o propio Adri foi protagonista o sacar cun paradón un testarazo a queimarroupa de Poyàn.O encontro seguiu moi vivo cun Bòveda aguerrido que non baixaba os brazos.Pero desde o gol o Taboada foi máis merecente doutro gol, con duas claras ocasións nos pes de Guerreiro.A pesares diso non chegaba a sentencia e co paso dos minutos voltabase un marcador preocupante.Fíxose máis evidente a inquietude nos tres últimos minutos nos que o Bóveda queimou as naves colgando balóns a desesperada na procura do empate, o mellor quizais demasiado tarde. Foi daquela cando o Taboada puxo a sentencia ,no 90 ' contragolpe de libro culminado cunha asistencia de luxo de Joni entre dous defensores deixándolla franca a carreira de Fabio que se percorreu medio campo para definir cunha fermosa vaselina diante da saida desesperada de Adri.3-1 Xa foi a última xogada do encontro.
Continúa pois o Taboada cunha xeira de sete partidos invicto ,sumando dezasete puntos consecutivos,e que lle permiten afontar con certa calma e aspiracións a sacar nota o complicadísimo tramo de partidos que se aveciñan ,especialmente as saidas a domicilio.Pra comezar xa toca subir o Tourmalet : o próximo desprazamento toca rendir visita ao flamante líder,o vindeiro fin de semana CD FOZ -TABOADA CF.
TABOADA CF.1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 9 Noe 11 Diego Poyán 14 Ibàn 19 David Potente 20'Guerreiro 23 Fabio 24 Moski .
SUPLENTES.7 Marcos. 12 Javi Diaz 13 Javi Paz 22 Joni 26 Dieguiño.
AD BÒVEDA CF.1 Adri 2 Lucas 3 Roi 4 David 5 Diego Blanco 6 Diego 7Julito 8 Tapi 9Sergio 10 Hugo 11 Iago
SUPLENTES.12 Tino 13 Saul .
06/01/18
TABOADA CF 1 -PASTORICENSE UD 1
Comezou mal o partido pra os intereses do Taboada ,aos tres minutos e despois dunha boa ocasión pra os visitantes que rexeitou Roi tivo lugar un penalti por presuntas máns de Ibán,que alegaba involuntariedade e que as tiña pegadas o corpo .O encargado de transformar a pena máxima foi Farra, lanzou enganando a Roi e moi axustado o pao.4' 0-1.Era un lastre importante dado ao equipo a que nos enfrontabamos , a UD un equipo con moito oficio e moi traballado , moi físico e serio atrás, mantiveron un orde defensivo que na primeira metade resultou moi eficaz .Non fumos de encontrar fisuras a pesares de intentalo con insistencia,por terra mar e ar.A metàfora bélica debe ser entendida desde a visión do que era o partido: unha batalla ,pois ofreceuse moitisima loita ,sendo este o aspecto mais relevante da primeira ,pois ocasións claras non houbo.Por ende a iniciativa foi sempre local,querendo ter sempre o balón e tratando de chegar arriba,inda que non houbera tino.
A segunda parte foi moi distinta e abriuse cun Taboada moito màis incisivo e nos primeiros minutos dispuxemos de duas moi claras ,unha de Guerreiro desde moi perto ,e outra de Noé cun enorme trallazo dende lonxe e colocadísimo sacouno Casillas da escadra,foi a acción máis espectacular do encontro.Contestou este impulso local, Raúl con outro disparo lonxano tamén moi axustado o pao.Viuse máis perigo nestes primeiros cinco minutos que nos cuarenta e cinco do inicio.Esto traslucia nunha melloria do xogo,e quizais esta dinámica beneficou o conxunto local que propoñia máis combinación,e reafirmándose na sua identidade foise facendo co control do balón.Este dominio plasmouse por fin no 70' despois dun claro penalti sobre Moski,que transformou Guerreiro,tamén egananado o cancerbeiro visitante.1-1' .Tivo a victoria o propio Guerreiro cinco minutos máis tarde despois de roubar a pelota e logo de boa xogada individual disparou fora desde moi pertiño.Foron uns minutos de moito acoso por parte do Taboada .O maior dominio e méritos locais no treito final non tiveron como resultado un mellor marcador e houbo que conformarse cun empate que soupo a pouco.
A reaparición de Marcos foi a outra grata nova da xornada despois dunha primeira volta en blanco voltaba os terreos de xogo despois de recuperarse da súa terceira grave lesión de xeonllo.
Con este partido remata a primeira volta da Liga e unha xeira de seis partidos sin coñecela derrota.A semana que ven comezará a segunda ,de novo na Medela enfrontarémonos nun derbi veciñal TABOADA CF -AD BÓVEDA CF.
TABOADA CF .1 Roi 4 Juanjo 6 Alex 9 Noé 11 Diego Poyàn 14 Ibán 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesiño 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES.3 Manu 7 Marcos 13 Javi Paz 18 Congui 22 Joni
PASTORICENSE UD.13 Casillas 2 Diego Garcia 4 Iago Ares 5 Carlos 7 Manoliño 8 Kanuto 9 Farra 21 Raúl 22 Dani 25 Rico
SUPLENTES.6 Leivas 14 Seco 18 Javi 19 Penelas 20 Mel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.