sábado, 3 de febrero de 2018

febreiro

TABOADC.F













                        Síguenos tamén en:








      


https://www.facebook.com/taboada.cf


TWITTER. TaboadaCF











TABOADA CF youtube
YOU TABOADA CF TUBE


TABOADA CF INSTAGRAM

instagram.com/TaboadaCF




25/02/18
SD MONTERROSO 1-TABOADA CF 0
                       (seguimos podendo poñer o dia tanto a web e o blog coa axuda impagable de Roi e Carlos;contamos ter tamén a participación especial de María e Pablo que non nós esquenzen, asi como a colaboración doutros equipos como as SD Chantada e a SD Monterroso ,seguimos sendo tantos e o fútbol e o Taboada CF ofrecenos tanto que non queda outra que seguir pelexando)
      O Taboada segue inmerso nunha mala xeira de resultados, que non de xogo e actitude, ao perder en Cerdeiriños un derbi no que sen dúbida merecemos mellor sorte.
     O partido comezou cun gran xesto por parte dos xogadores e directivos do equipo local, cunha emotiva pancarta e unha foto conxunta na que se lle enviaban ánimos e forza ao noso Canti. Este é o fútbol de verdade, máis alá de rivalidades.
      No tocante ao futbolístico, o partido transcorreu, polo menos nos primeiros 10 minutos, nun duro combate en medio campo que, sen embargo, non trouxo perigo a ningunha das porterías.
     A primeira ocasión salientable foi local, nunha contra que Seso foi quen de desviar a saque de esquina no último momento. Precisamente, na saída dese córner un remate involuntario de Manu contra a súa propia portería estivo a piques de converterse no 1-0, pero sacou David Potente en liña de gol.
      A partir de acó estirámonos e estivemos a piques de adiantarnos en dúas ocasións de Guerreiro nas que non atinou a embocar a gol dúas boas xogadas.
    O encontro estaba a ser moi desputado, a pesar de que quizais non foi moi vistoso para os numerosos afeccionados que poboaron as bancadas de Cerdeiriños.
    Nos últimos minutos da primeira parte o Monterroso tentou estirarse, e probou a Roi nunha falta frontal que este despexou ben a córner. Repetíndose a mesma secuencia que o antes relatado, na saída dese saque de esquina Lorenzo tivo un remate franco que se foi arriba.
     Así nos fomos ao descanso, cuns 45 primeiros minutos de loita constante sobre un terreo de xogo moi irregular que non permitía grandes florituras, pero iso si, con traballo arreo dos 22 protagonistas. 
      A segunda parte comezou cun equipo local que quixo impoñerse no medio campo, e case na súa primeira aproximación conqueriu o gol que á postre sería definitivo; pase de Lorenzo a Dabouza por banda, e este centra ao corazón da área por onde aparece Óscar Méndez, que só ten que empurrar o balón ao fondo das redes.
     Este tanto fíxonos dano, e arrastramos 10 minutos nos que non fomos quen de despregar o noso xogo e nos que sufrimos outras dúas ocasións locais, aínda que non demasiado nítidas.
    A partir do cuarto de hora, cas entradas de Moski e Marcos, fixémonos de novo co dominio do encontro, e tivemos a primeira ocasión nunha gran xogada por banda de Guerreiro que puido despexar a defensa local en última instancia, cando Fabio xa se dispoñía a empurrar o balón ao fondo das redes.
      E de destacar tamén a mala sorte do equipo no referente ás lesións, xa que Moski ingresou no campo e só aguantou 10 minutos, lastrado por unha lesion no tendón de Aquiles.
    No minuto 73 tivo lugar a xogada clave do partido, un disparo bestial de Marcos repeliao o longueiro e Guerreiro recollía o rexeite e batía a Rodrigo, o árbitro anulaba o gol a instancia do seu linea, nunha xogada que protestamos moito por considerar que Guerreiro partía en situación correcta.
      Esta xogada acarreounos varias tarxetas por protestar unha decisión arbitral que nos privou de sumar, cando menos, un punto.
      A pesar disto, o equipo non se rendiu e seguiu percutindo en busca dun empate que finalmente non chegou.
      A falta de 5 minutos unha gran xogada de Montes por banda esquerda era rematada arriba por Guerra, e xa no desconto de novo o noso punta de lanza dispuxo dunha falta ao borde que se lle foi por nada.
     En definitiva, derrota polo mínima, cremos que fixemos méritos dabondo como para sacar un mellor resultado pero non puido ser. Convén non decaer e seguir crendo na nosa idea e traballando da maneira que o estamos facendo, e esta pequena mala racha seguro que quedará atrás. 
      Para a semana que vén visítanos un equipo en plena forma, que leva 10 victorias consecutivas e que vai lanzado cara a preferente. O vindeiro domingo Taboada CF- SD Sarriana










SD MONTERROSO
1. Roi 2. Chanclas 6. Raúl 
12. Martín 16. Iago 9. Óscar M
10. Serrano 18. Bili 11. Dabouza
20. Hugo 23. JuanSuplentes da Sd Monterroso:
4. Porto 5. Pablo 13. Rubén 
15. Héctor 17. Rafa

TABOADA CF
1. Roi 16. Montes 21. Seso 
4. Juan P 3.Manuel 10. Jacobo 
11. Poyán 19. David P 23. Fabio
9. Noé 20. Guerreiro
Suplentes do Taboada CF:
7. Marcos 12. Javi 22. Guerri 
24. Moski 26. Dieguiño






































18/02/18
TABOADA CF  0-SD CHANTADA 0

               Nos prolegómenos do partido vivíronse momentos de fonda emoción, cunha "homenaxe" que se ben nunca pagará o esforzo e a dedicación do destinatario da mesma, agardemos lle de forzas e ánimos para enfrentar a dura batalla que ten que librar.
              Gardouse tamén un sentido minuto de silenzo polo pasamento dun antigo socio, pai de dous dos pilares máis grandes deste clube, xa eles saben de quen se trata.
           Embargados pola emoción do momento, o partido comezou cunha dura batalla no medio campo da que, polo menos ao principio, saímos vitoriosos, impoñendonos nas segundas xogadas e nas desputas a unha Sd Chantada que hoxe se xogaba unha das últimas balas para o ascenso.
          Os primeiros achegamentos, aínda que sen demasiado perigo, foron branquiazuis, con dous disparos lonxanos de Poyán e Guerreiro que non incomodaron en demasía a Ferreiro.
             Seguiamos percutindo en busca do gol que nos puxese por diante, pero non lograbamos crear ocasions claras ata que no minuto 20 unha falta sobre noé no borde da área, que protestamos insistentemente por considerar que a acción punible fora dentro da área, foi executada con mestría por Guerreiro. O balón foise lambendo o pau dereito.
             A partires deste momento a SD estirouse e tivo unha inmellorable ocasión nunha xogada de Brais por banda esquerda, o seu pase atrás rematouno Cebolli pero sacou Manu baixo paus.
             O último cuarto de hora do primeiro acto foi de cor local, con dúas chegadas de Fabio que non puidemos culminar con exito e cunha xogada de Guerreiro que se foi de todos cantos lle saíron ao paso pero no último momento o seu tiro foi bloqueado por un defensor.
              Así chegamos ao tempo de lecer, un partido igualado no que quizais nos primeiros 45 minutos merecemos algo máis.
              A segunda parte comezou cunha SD que quería impoñerse no medio campo, pero nós batímonos o cobre e con traballo a esgalla de todo o equipo non sufrimos demasiado este impetu inicial deles.
               As hostilidades desatáronse a partir do 60', cun córner de Manu que rematou Poyán e ao que Ferreiro respostou de maneira espléndida.
             Seguimos insistindo e nun roubo en campo contrario dun Noé que hoxe se vaciou, estivemos a piques de conquerir ventaxa, pero o balón perdeuse por liña de fondo.
               Nos últimos 15 o Chantada adiantou liñas, consciente de que se quere ascender ten que sumar victorias, e nos recuamos un pouco, tamén lastrados polas amarelas, algunha rigurosa, dos nosos homes de retagarda.
                   Desta situación, a SD sacou dúas ou tres ocasións que non puido materializar, un disparo de Noé de falta que Roi desviou a córner; e un man a man do mesmo Noé que Roi sacou co pé dereito.
                      Tocamos a rebato nos últimos 5, quizais espoleados polas ganas de ganar e de dedicarlle un triunfo ao noso alma mater, e tivemos unha de David Potente que, cun tiro de esquerda, obrigou a traballar a Ferreiro.
                    De aquí ao remate, o Chantada buscou os balóns aéreos pero a defensa local mantívose firme e non concedeu ocasións reseñables.
                      En definitiva, un punto máis, merecido, moi traballado e que pode valer o seu peso en ouro ao final de tempada.
                   Son xa once xornadas cunha soa derrota, competindo contra todos e ante todos, a pesar das lesións e do meigallo que parece que nos persigue este ano.
Para a semana, de novo derbi, desta vez en Cerdeiriños. Ogallá poidamos contar coa presencia túa Canti, e se non pode ser seguro que o teu alento nos chegará igual, coma hoxe.
[18-2 19:14] ⚽: E de reseñar tamén o gran ambiente que se viviu na Medela, con dúas aficións entregadas ás súas cores, e con 90 minutos de xogo intenso e nobre. Así da gusto.






TABOADA CF 1 Roi 3 Manu 9 Noé 11 Poyán 14 Ibán 16 David Montes 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesiño23 Fabio 26 Dieguiño
SUPLENTES 4 Juanjo 7 Marcos 13 Javi Paz 18 Sergio Arean 22 Joni
SD CHANTADA 1 Ferre 2 Antón 3 Alex Ratón 4 Traste 5 Povis 6 Manu 7 Brais 8 Cebolli 9 Javi Ramos 10 Kadete 11 Anxo
SUPLENTES 12 Fornás 13 Kevin 14 Isaac 15 Michi Carnero 16 Noé



















máis fotos cortesia do facebook da Sd Chantada










17/02/18
TABOADA CF 1-SD BECERREÁ 2

















04/02/18 
UD XOVE LAGO 1 -TABOADA CF 1

Crónica do partido 
(por  Roi e Carlos)
               Nun dia duro polas circunstancias e pola climatoloxía o Taboada arrancou un merecido punto na última xogada do partido, cun espléndido gol de Fabio que desatou a tolemia entre os nosos. Dicimos merecido porque, unha vez máis, e a pesar das baixas, o equipo deu a cara en todo momento a acabouse facendo acreedor de sumar un puntiño que nos sabe a gloria.
             Comezou o partido cun Xove que se quería impoñer no medio campo, presionando alto para evitar que nos xogaramos cómodos.A primeira ocasión clara foi dos xovenses, nun córner que saca guerreiro baixo paus con Roi batido. 
            Pouco a pouco fómonos sacudindo o dominio e no 11´ Fabio estivo a piques de sorprender a Saúl desde lexisimos, pero foiselle por pouco. Tería sido un golazo.
                 A partir de aquí o partido desenvolveuse no medio do campo, cunha dura e limpa batalla que non deixaba lugar a ocasións claras.
                 Neste tramo da primeira metade quixemos propoñer máis e tivemos unha de seso que, despois dunha gran xogada, chutou desviado. 
                Antes do descanso tivemos outro tiro de David potente que se foi desviado por pouco.
                Así nos fomos ao tempo de lecer.
                A segunda parte comezou doutra maneira, cun Xove que quería máis e que nos embotellou entre o 50´ e o 60´, creando dúas ou tres ocasións; un pase atrás de chao a Juanjo Coello que tocou Roi para desviar o xusto  e pra que  Ibán despexase  a córner,  e logo otro  remate de cabeza a saida dun córner que se foi por pouco. 
                Demos saído vivos deste temporal local, e tivemos tempo de sacar unha falta perigosa por medio de Guerra que chapou Saúl.
                Cando parecía que estabamos mellor, un centro desde banda dereita baixouno Coello con clase e cruzou ante Roi cun gran remate, 1-0 no minuto 68.
                Coas entradas de Montes e Joni Guerra fómonos ao ataque, e foi clave unha xogada no minuto 73, na que Yáñez viu á segunda amarela por desprazar un balón nun saque de banda a prol nosa. Quedábanse os xovenses con 10 e con 20 minutos por diante, e o Taboada cría na igualada.
             Joni tivo unha boa ocasión de cabeza no 78´ nun bo desmarque pero non logrou rematar cómodo. Seguíamos intentando chegar por banda, e deixabamos ocos atrás que facían que o Xove puidese ter unha contra coa que matar o partido, pero soubemos controlar ben esas situacións.
             A medida que nos achegabamos ao 90 o noso dominio era máis claro, pero sen lograr ter ocasións claras.
            Xa pasaban 5 do tempo reglamentario cando un saque de banda en banda dereita, cerca do córner , o poñia David Potente dentro da área e Fabio , nun remate impresionante de primeiras sen deixar caer o balón, metia a bola pola mesma escadra esquerda dun Saúl que non puido facer máis que mirar como entraba.
           A celebración foi significativa, unha piña de todo o grupo, consciente do valor do punto acadado, e sobre todo pola maneira de facelo, non deixándonos ir e porfiando con fé nun empate que ao final chegou.
         Un punto que nos permite seguir septimos, co golaveraxe empatado co Xove,  cunha soa derrota nos últimos 10 partidos e nunha dinámica á alza que nos dá esperanzas de competir contra todos no tourmalet que se nos ven encima.
         A semana que vén non hai liga, poderemos comer caldo de ósos a esgalla e divertirnos, para despois comezar a pensar no atractivo  derbi TABOADA CF -SD CHANTADA do día 18 de febreiro, na Medela.

 
                                       
 
     











03/02/18
QUIROGA CF 0 -TABOADA CF 1
Min 10  :0-1 Adri




























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.